Este órgano, impulsado polo Grupo Rodonita, convoca o III Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo. As persoas participantes poderán presentarse en grupo ou en solitario e poderán presentar ata o 5 de outubro de 2025 (prazo ampliado) unha proposta de imaxe, infografía, ilustración, vídeo ou animación con enfoque didáctico, para optar a un premio de 1.200 euros ou os tres accésits de 300 euros. Presenta aquí as túas propostas!!
Tras o éxito de edicións anteriores, a Cátedra Epifanio Campo da Universidade da Coruña convoca os III Premios de Investigación Epifanio Campo, en homenaxe a un pioneiro no ámbito da economía circular e a xestión ambiental. Os participantes nesta convocatoria deberán estar incluídos no Catálogo de Investigación da Universidade da Coruña, como membros dalgún grupo de investigación ou como investigadores individuais, na data en que acaba o prazo de recepción de solicitudes da presente convocatoria, o domingo 21 de setembro de 2025 (ampliado ata o 24 de outubro de 2025). Tamén poderán participar os estudantes matriculados no curso 2024-2025 en programas de doutoramento ou en traballos fin de grao ou máster da Universidade da Coruña que realizasen tarefas de investigación asociadas a ese proxecto, sempre que vaian acompañados de polo menos outro solicitante que estea incluído no Catálogo de Investigación da Universidade da Coruña, na data en que acaba o prazo de recepción de solicitudes da presente convocatoria [Enlace ao formulario de inscrición].