O Concello de Zas e o Consello da Cultura Galega organizan, en colaboración coa Universidade da Coruña e baixo a coordinación de Jorge Mira Pérez, membro do plenario do Consello da Cultura Galega, o simposio "O liño e as iniciativas emprendedoras transformadoras: estratexia para un desenvolvemento sostible na Costa da Morte", de acceso libre ata completar aforo do local. A xornada, terá lugar o sábado 31 de maio a partir las 11:00 no Centro Sociocultural do Concello de Zas (Rúa Progreso, s/n, 15850 Zas, A Coruña). Para asistir a xornada inscríbete a través do seguinte enlace ata o xoves 29 de maio de 2025 ás 23:59h.