FUAC. Comunicación. Actualidade

Éxito de participación no Día da Ciencia na Rúa 2025

12/05/2025

A nova edición do Día da Ciencia na Rúa da Coruña celebrada o 10 de maio de 2025 no Parque de Santa Margarita, reuniu a máis de 1.000 participantes, entre alumnado, profesorado, familias e coruñeses varios e 54 centros educativos de toda Galicia con talleres de robótica, intelixencia artificial e sustentabilidade. O evento, organizado polo Concello de Coruña, A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e a Cátedra Emalcsa-UDC, contou co apoio da FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) e a Deputación da Coruña. Ademais do alumnado de todos os niveis educativos, participaron investigadores e divulgadores de institucións como a Cátedra Emalcsa-UDC, a Facultade de Ciencias da UDC, a Escola de Enxeñeiros de Camiños, o CICA, o CITIC, o CITEEC, o INIBIC, o Centro Oceanográfico da Coruña, a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC, a Axencia Galega de Órganos e Sangue, e o CITMAga, entre outros. Fonte: Blog UDC e Quincemil.

 

#UDCCiencia #CiencianaRúa #Ciencia #DivulgaciónCientífica #UDC #DCR2025 #cienciarua2025

Ampliado o prazo de inscrición para os IV Premios Cátedra Emalcsa-UDC dirixidos a estudantes que defenderan con éxito o seu TFM relacionado coa auga na UDC

15/11/2024