FUAC
O Concello de Ferrol acolleu o venres 21 de febreiro unha iniciativa de divulgación científica que ten por título "Biblioteca humana: coñece ás investigadoras e tecnólogas que traballan en Ferrolterra", no que participaron o colectivo de mulleres integrado por Lucía Santiago Caamaño, coordinadora da actividade e doutora pola Universidade da Coruña –UDC– no programa de Enxeñaría Naval e Industrial; María Jesús Movilla Fernández, doutora pola UDC en Ciencias Sociosanitarias; Asunción López Arranz, doutora en Dereito; Ana Ares Pernas, doutora pola UDC en Ciencia e Tecnoloxía de Polímeros; Laura Castro Santos, doutora pola UDC en Enxeñaría Naval e Industrial; Laura Alonso García, enxeñeira naval e oceánica pola UDC e Ana Jesús López Díaz, doutora en Física.