FUAC. Comunicación. Actualidade

Investigadores do CICA da UDC desenvolven un estudo pioneiro para a recuperación e sustentabilidade das poboacións da biodiversidade mariña

09/05/2025

Un equipo de investigadores do grupo de investigación Bioloxía Costeira (BIOCOST) da UDC, encabezado polos profesores da Facultade de Ciencias, Rodolfo Barreiro Lozano e Cristina Piñeiro Corbeira, traballa desde febreiro de 2025 na monitorización do éxito de experiencias de reintroducción e reforzo de Laminaria ochroleuca, tamén coñecida como alga dourada, unha especie crave nos ecosistemas mariños, que proporciona hábitat e alimento para diversas especies. O proxecto, impulsado pola Asociación Amicos, ten unha duración de 8 meses.