Actualidade

A Cátedra Ghenova-UDC impulsa novas actividades formativas en Industria 4.0 para o curso 2025/2026 na EPEF

07/04/2026

 

A Cátedra Ghenova-UDC de Industria 4.0 pon en marcha novas actividades formativas para o curso 2025/2026, dirixidas ao alumnado da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF), co obxectivo de reforzar competencias en tecnoloxías clave da industria actual.


Reservaranse ata 5 prazas para estudantes de 4º curso dos graos en Enxeñería Naval e Enxeñería Industrial, así como ao alumnado de 2º curso de máster da EPEF.

 

A matrícula é gratuíta e as prazas son limitadas (10 en total), asignándose por orde de inscrición: 5 prazas para grao e 5 para máster.

 

Entre a oferta formativa destacan dúas actividades:

🔧 Curso básico de deseño e desenvolvemento de xemelgos dixitais
📅 24 de abril | 8 e 15 de maio de 2026
🕓 16:00h – 19:00h
📍 EPEF – Campus de Esteiro
📝 Inscrición: do 7 ao 23 de abril
🔗https://www.fundacion.udc.es/curso.asp?id=2347&idioma=GA

 

💻 Curso básico de OpenModelica
📅 30 de abril de 2026
🕓 16:00h – 19:00h
📍 EPEF – Campus de Esteiro
📝 Inscrición: do 7 ao 27 de abril
🔗 https://www.fundacion.udc.es/curso.asp?id=2348

 

Estas actividades representan unha oportunidade para adquirir coñecementos prácticos en ferramentas e metodoloxías clave da Industria 4.0, altamente demandadas no ámbito profesional actual.