A Cátedra Epifanio Campo, adscrita á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, situada no Campus Industrial da Ferrol da Universidade da Coruña, reafirma un ano máis o seu compromiso co fomento da divulgación e a formación no ámbito da economía circular e a xestión de residuos industriais. No balance anual de actividades destacan fitos tan reseñables como o acto de entrega do I Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo, a convocatoria e entrega dos II Premios de Investigación Epifanio Campo ou a participación na I Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente.
Maripaz Mateo Orenes, doutora en Química pola Universidade de Málaga e profesora titular da Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Ferrol da UDC, é a directora da Cátedra Epifanio Campo. Compartiu na entrevista de La Voz de Galicia, o 26 de novembro de 2023, as principais liñas de actuación que marcaron o funcionamento da Cátedra Epifanio Campo desde o seu nacemento e os seus proxectos de futuro. Na entrevista destacou que «Vamos a poner en marcha un centro de interpretación de residuos industriales».
O acto contou coa presenza do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey; a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana; o reitor da UDC, Julio Abalde; o conselleiro delegado do Grupo Rodonita, Jacobo Campo; e a directora da Cátedra Epifanio Campo, Mª Paz Mateo; ademais do director xeral do grupo Rodonita Medio Ambiente, Antonio Roncero; e distintos representantes de institucións, empresa e eido universitario. O primeiro premio foi para o traballo desenvolvido polo Grupo de investigación de Estradas, Xeotecnia e Materiais, liderado polo doutor Ignacio Pérez, e o segundo premio para o grupo de investigación Bioenxeñaría Ambiental e Control de Calidade, dirixido pola profesora María Carmen Veiga.
O alumnado de Enxeñaría Medioambitental da EPEF (Graos en Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais) visitou a semana pasada a planta de tratamento de residuos industriais de Sogarisa (As Somozas). A visita foi promovida pola Cátedra Epifanio Campo.
O tribunal destaca a calidade dos traballos presentados, nos que participaron preto de 40 investigadores da Universidade da Coruña con interesantes propostas sobre intelixencia artificial, enxeñaría química, física ou bioloxía costeira. O primeiro premio foi para o traballo desenvolvido polo equipo de investigación CGM e liderado polo doutor Ignacio Pérez, que plantexa a obtención de materias primas para a pavimentación de estradas e outras infraestruturas a partir de diversos residuos industriais e o segundo premio foi para o equipo BIOENGIN, co proxecto dirixido pola profesora Mª Carmen Veiga, consistente no emprego de bacterias para producir plásticos biodegradables a partir de diferentes tipos de residuos como o soro de leite, o bagazo de cervexa, lodos de depuradora ou algas, dotado dun total de 10.000 euros.
O acto contou coa presenza do alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, o conselleiro delegado do Grupo Rodonita, Jacobo Campo; o director xeral de Rodonita Medio Ambiente, Antonio Roncero e a directora da Cátedra Epifanio Campo, Mª Paz Mateo. O obxectivo fundamental desta formación é introducir ao alumno nos coñecementos e competencias básicas necesarias no ámbito da xestión de residuos industriais. O claustro de profesores estivo composto por profesionais altamente cualificados, cunha longa traxectoria nos distintos aspectos da materia.
A Cátedra Epifanio Campo convoca os II Premios de Investigación Epifanio Campo, inspirados na figura do empresario e seguindo o seu legado de responsabilidade ambiental e compromiso coa economía circular. A finalidade dos Premios é a de impulsar e premiar a investigación relacionada coa xestión e valorización dos residuos xerados pola actividade industrial, como parte dunha economía circular que axude á protección do medio ambiente.
A Cátedra Epifanio Campo celebrou o acto de entrega do Primeiro Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo no Salón de Actos do Campus de Ferrol. O acto contou coa presenza do alcalde de Ferrol, Ángel Mato; o reitor da UDC, Julio Abalde; o conselleiro delegado do Grupo Rodonita, Jacobo Campo, e a directora da Cátedra Epifanio Campo, Mª Paz Mateo. O obxectivo principal deste galardón é promover a investigación e o coñecemento no ámbito da economía circular dentro do colectivo universitario.
O tribunal destacou a calidade dos traballos presentados, nos que participaron 60 estudantes de grao, máster e programa de doutoramento da Universidade da Coruña con interesantes propostas. Concedéndolle o Primeiro Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo ao traballo desenvolvido por Adela Ríos Gómez, da Universidade da Coruña, e recoñeceu con tres accésits a orixinalidade, a capacidade de divulgación e a calidade técnica doutras tres propostas.
A Cátedra impulsada polo Grupo Rodonita, convoca o I Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo, dedicado ao fundador do Grupo Rodonita e un pioneiro no ámbito da xestión medioambiental. Os estudantes poderán presentar en grupo ou en solitario antes do 14 de outubro de 2022 ás 14:00 h un máximo de dúas propostas de imaxe, infografía, ilustración, vídeo ou animación con enfoque didáctico, para optar a un premio de 1.200 euros ou os tres accésits de 300 euros cada un.