Oficina Virtual

Desde esta oficina os IP da UDC poden iniciar os trámites dos seus contratos e xestionar a documentación pertinente, así como realizar o seguimento correspondente.


A través do ‘Servizo de Directores’, estes poden acceder á información completa do seu proxecto (documentación inicial e posterior, ampliacións, xustificacións, contratacións laborais,…), así como á situación económica do mesmo, grao de execución orzamentaria e situación en tempo real tanto de ingresos coma de gastos.


A través de ‘Tramitación Electrónica’, pode iniciarse a tramitación de contratos e encomendas de xestión de forma online, así como crear os documentos de gastos necesarios unha vez iniciado o proxecto en cuestión