FUAC. Participación

Participación

A Fundación Universidade da Coruña, axente activo na relación Universidade – Sociedade, precisa das achegas e do diálogo con todas as partes interesadas para a consecución da súa misión. A atención personalizada na sede da FUAC e a comunicación a través da súa páxina web e redes sociais son as principais canles de participación a empregar polos usuarios.

 

Redes sociais

A través das redes sociais, a FUAC ofrece un entorno directo e accesible para expoñer necesidades puntuais sobre actuacións concretas.

 

Facebook

Canle orientada á actividade da FUAC no ámbito do emprego, con información sobre ofertas laborais e prácticas formativas.

Facebook

Rede de profesionais que a FUAC utiliza preferentemente como canle de comunicación de proxectos e iniciativas.

Twitter

Canle máis xeral na que a FUAC comparte informacións destacadas e novas do seu ámbito de actuación.

Web

 

Entre os métodos de participación online da Fundación atópase a súa páxina web, o mesmo site que estás a visitar, cunha filosofía de plataforma aberta á participación. A poucos clics, os usuarios poden atopar:

 

AXENDA ONLINE

Direccións de correo electrónico e extensións telefónicas onde resolver dúbidas e solicitar información específica con tan so acceder ao directorio.

 

CONTACTO DIRECTO

Unha ferramenta de comunicación directa para propoñer ideas, demandas e suxestións a través dun formulario de contacto.

 

FAITE MEMBRO

Anímaste a contribuír activamente cos nosos fins e obxectivos? Actualmente, máis de 30 empresas participan a través das figuras de membros fundadores, de número e xurídicos aos que se suman outros 50 membros a título individual.

Como facerse membro?

 

COLABORA CON NÓS

Existen numerosos recursos para favorecer o coñecemento do entorno e contribuír así á súa posta en valor mediante diversas colaboracións en múltiples ámbitos aos que chegar a través da sección específica de contratación.

As nosas Oficinas

Que a FUAC sexa parte dun universo 2.0 que facilite a participación e comunicación directa coa sociedade non significa que as portas das nosas oficinas non estean abertas. Achégate a falar con nós.

 

FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Paseo de Ronda 47, 2ª planta

15011 - A Coruña