Fundación Universidade da Coruña

Que é a FUAC

A Fundación Universidade da Coruña é unha institución de carácter benéfico – docente constituída por escritura pública o 24 de marzo de 1997 como organización non lucrativa para a promoción, desenvolvemento e apoio ao financiamento de iniciativas e actividades da UDC.

 

Coa Universidade da Coruña e o seu Consello Social como patronos, a nosa misión é promover a investigación, a formación, o emprego e a transferencia de coñecemento en colaboración coa Universidade, impulsando a participación de entidades públicas e privadas no desenvolvemento social e económico da sociedade.