FUAC. Consello asesor

Consello asesor

O Consello asesor da Fundación Universidade da Coruña contribúe de forma xeral coas súas achegas a facer realidade o plan de actuación anual, que recolle accións no eido da formación práctica, a investigación e a transferencia.
Trátase dun órgano colexiado de información, consulta e participación integrado polo presidente e o director xerente da FUAC, o reitor da UDC e o presidente do seu Consello Social, ademais dos membros fundadores e de número da Fundación.