FUAC. Comunicación. Actualidade

A Universidade da Coruña e Repsol renovan a súa colaboración ata decembro de 2023

23/03/2023

O profesor Química Analítica da UDC e membro do Grupo de Investigación QANAP, José Manuel Andrade Garda renova como responsable do proxecto. O equipo de traballo leva a cabo os traballos de investigación do ámbito científico establecidos no acordo asinado entre a Universidade da Coruña e REPSOL. O acordo asinado o 20 de decembro de 2020, foi renovado en decembro de 2022 ata o 31 de decembro de 2023 e conta cun orzamento de 90.000 euros.

A Universidade da Coruña e o Clúster Audiovisual Galego impulsan o proxecto I+P INCUBA

29/09/2022

A profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación María Josefa Formoso coordina o proxecto I+P INCUBA que conta coa financiación do Instituto de Cinematografía y Artes Visuales (ICAA) do Ministerio de Cultura y Deporte. O proxecto posto en marcha en setembro ten como obxectivo a incubación e mellora de proxectos audiovisuais en fase de desenvolvemento a través de titorías, webinarios e consultoría. Nesta primeira edición forman parte de I+P INCUBA seis proxectos. Os produtores e guionistas de cada un dos proxectos contarán co asesoramento en tres ámbitos: guión, produción e distribución entre os meses de setembro, outubro e novembro. 

Cobre San Rafael e GEAMA colaboran en proxectos de hidroloxía

29/09/2022

O coordinador do Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente (GEAMA) da UDC dirixe un proxecto de mostraxe e execución de perfís e análises químicos impulsado por Cobre San Rafael. Os traballos teñen unha duración de dous meses e conta cun orzamento que ascende a 3.450 euros.

O Instituto de Estudios Marítimos colabora con autoridades portuarias galegas

08/09/2022

A colaboración do Instituto Universitario de Estudios Marítimos con autoridades portuarias galegas durante o ano 2022, entre as que se atopa a Autoridade Portuaria da Coruña, de Vilagarcía, de Vigo, de Ferrol e de Marín e Ría de Pontevedra, está liderada polo investigador Fernando González Laxe, profesor da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.

 

Na actualidade está inmerso nun proxecto de Análise-diagnóstico da realidade e posicionamento portuario de Marín respecto a Galicia e ao norte de Portugal por un período de 6 meses. Os traballos que comezaron en xuño céntranse no estudo da competitivade do Porto de Vilagarcía, concluíndo coa presentación de propostas de cooperación entre os sistemas portuarios que permitan mellorar a súa eficiencia. 

A Facultade de Turismo desenvolve un estudo sobre a demanda turística no Camiño Inglés

07/09/2022

As profesoras Iria Caamaño Franco e Antonia Pérez García da Facultade de Turismo da Universidade da Coruña, reciben un encargo para levar a cabo un estudo demoscópico sobre a demanda turística no Camiño Inglés. Os traballos, que comezaron en xuño, incluen a análise do perfil, motivacións e grao de satisfacción dos turistas e peregrinos no Camiño Inglés no ano 2022. O proxecto ten unha duración de 6 meses e conta cun orzamento que ascende a 12.000 euros. 

Os profesores Ramón Doallo e Juan Touriño colaboran coa Xunta de Galicia na xestión de terras

06/09/2022

Os investigadores Ramón Doallo e Juan Touriño, do grupo de arquitectura de computadores da FIC da UDC veñen de renovar ata maio de 2024 a colaboración coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento do sistema de información de apoio na xestión do Banco de Terras de Galicia (SITEGAL). Os traballos inclúen o deseño de novas estratexias de explotación de datos, mediante a utilización de tecnoloxías contribuindo a mellorar a dispoñibilidade e escalabilidade da plataforma. 

A investigadora Mª Teresa Rodríguez Blas renova no proxecto Hi-Bio 4.0

18/08/2022

A investigadora Mª Teresa Rodríguez Blas da Facultade de Ciencias da UDC dirixe un estudo sobre a potencialidade funcional de diferentes péptidos funcionais, a partir de cereais e pseudocereais no marco do proxecto Hi-Bio 4.0, liderado por Hijos de Rivera S.A.U.. Os traballos que comezaron en xuño teñen unha duración de 6 meses e conta cun orzamento de 19.000 euros. 

Asesoramento na área de economía financeira e contabilidade con Fernando Ruiz Lamas

12/08/2022

O profesor de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade da Coruña, Fernando Ruiz Lamas, recibe encargos para a realización do asesoramento no ámbito contable. Desde o mes de abril e ata decembro de 2022 é o responsable do proxecto sobre asesoramento na aplicación do resultado en sociedades de capital para Audiesa.

Pilar Álvarez Barbeito recibe encargos para prestar servizos de asesoramento e asistencia técnica sobre fiscalidade

12/08/2022

A profesora e investigadora Pilar Álvarez Barbeito do Departamento de Dereito Público da UDC dirixe un proxecto sobre asesoramento e asistencia técnica sobre fiscalidade nacional e internacional, máis concretamente en materia sobre tendencias nacionais e internacionais. Os traballos que comezaron en xuño de 2022 teñen unha duración de 12 meses e o importe do proxecto ascende a 35.000 euros.

Traballos do Grupo de Investigación Jean Monnet de Competitividade e Desenvolvemento Rexional na Unión Europa en materia de economía

11/08/2022

A investigadora Marta Rey García, da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, dirixe un proxecto sobre a investigación interactiva sobre o terceiro sector de acción social en España para a plataforma da ONG de acción social, impulsado por Fresno Servicios Sociales. O prazo durante o que se desenvolverán as actividades será de 9 meses, concluíndo en febreiro de 2023 coa presentación dun informe que recolla os resultados da análise e unha base de traballo para asumir os retos nos próximos anos.

A Universidade da Coruña e o Concello de Narón promoven iniciativas de economía circular

10/08/2022

Ana Ares Pernas, investigadora do Grupo de Polímeros e profesora da Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol, pon en marcha xunto ao Concello de Narón un programa de asesoramento e formación no tratamento e valorizacion de plásticos enmarcado no Proxecto Ártabro Inclusivo. A formación impartirase por un período de 7 meses e ten como finalidade contribuir á erradicación e valorización de residuos da zona costeira achegando o coñecemento a entidades que traballan con persoas con necesidades especiais. Con esta formación, estas persoas, serán capaces de revalorizar os residuos recollidos na zona costeira.

Traballos de asesoramento en dereito administrativo e urbanístico con Almudena Fernández Carballal

09/08/2022

A UDC asina coa sociedade Galiciaplaya 3 un proxecto por 6.600 euros co obxectivo de asesorar en materia de dereito administrativo e urbanístico por un período de dous meses. A investigadora e doutora en Dereito, Almudena Fernández Carballal, encárgase de levar a cabo os traballos en materia de asesoramento legal sobre o réxime xurídico da finca denominada antiga Fábrica de Gres Burela que inclúen o estudo da súa vixente ordenación urbanística, a legalidade e oportunidade da súa descatalogación urbana e posibles actuacións na relación porto-cidade do municipio de Burela. 

O grupo de investigación Filosofía, Constitución e Racionalidade traballa en proxectos no campo da ética no traballo

09/08/2022

O profesor José Antonio Seoane Rodríguez de Filosofía do Dereito da UDC e coordinador do grupo de investigación Filosofía, Constitución e Racionalidade lidera un proxecto sobre o plan de formación e asesoramento sobre a ética no traballo social. Intervención social e toma de decisións para unha entidade local por un período de 4 meses.

Traballos en materia de economía financeira e contabilidade por Ángel Fernández e Gustavo Rego

09/08/2022

Os profesores da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, Ángel Fernández Castro e Gustavo Rego Veiga, reciben un encargo para o desenvolvemento dun proxecto de colaboración sobre asesoramento financeiro no ámbito económico da modificación puntual do PXOM da Coruña no ámbito del API S35 Ría do Burgo, concluindo coa presentación dun informe sobre a viabilidade económico-financeira do proxecto. Os traballos teñen unha duración de 8 meses, a contar desde maio de 2022 e conta cun orzamento que ascende a 14.500 euros. 

Juan José Pernas dirixe varios proxectos en materia de medio ambiente e economía circular

08/08/2022

Juan José Pernas, profesor de Dereito adminitrativo da Universidade da Coruña e membro activo do Grupo de Investigación "Dereito Público Global" recibe encargos de varias entidades para dirixir proxectos en materia de réxime xurídico de residuos e de servizos públicos vinculados a súa xestión e outros aspectos xurídico-administrativos e ambientais. O desenvolvemento dos proxectos de investigación conleva a realización por parte do profesor de actividades formativas sobre a nova lei de residuos e chans contaminados para unha economía circular e as súas normas de desenvolvemento, así como asesoramento xurídico en materia de residuos e economía circular por un período de dous anos. 

O profesor de arquitectura Jose Antonio Vázquez Rodríguez traballa nun proxecto de rehabilitación da piscina municipal do Concello de Sada

05/08/2022

Jose Antonio Vázquez Rodríguez é arquitecto e profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. No desenvolvemento da súa profesión participa como director de obra de rehabilitación da cuberta da piscina  municipal do Concello de Sada. As actuacións céntranse na realización dos traballos de documentación e asistencia técnica por un período de 8 meses.

Traballos en materia de historia do dereito e das institucións polo profesor Eduardo Cebreiros

05/08/2022

O investigador e docente do departamento de dereito privado Eduardo Cebreiros Álvarez é o encargado do proxecto de investigación, cuxo obxectivo é poñer en valor e dar a coñecer o papel da Deputación de Ourense como institución  e o seu papel nos últimos 200 anos de historia. A duración do proxecto denominado "asesoramento na organización do bicentenario da Deputación de Ourense" é de 8 meses e medio. O investigador na súa calidade de experto en historia do dereito e das institucións centrará os seus esforzos no asesoramento científico técnico xeral para todas as actividades programadas para conmemorar os 200 anos da institución desde a súa constitución no ano 1822.

O grupo de investigación RNASA-IMEDIR da UDC colabora nun proxecto relacionado coas Tecnoloxías da Información

04/08/2022

O grupo de investigación Imaxe Médica e Diagnóstico Radiolóxico RNASA-IMEDIR participa nun proxecto de asesoramento de aplicacións na nube para a xestión de EPIs. Os traballos dirixidos polo profesor Julián Dorado de la Calle da facultade de informática teñen unha duración de 6 meses e conta cun orzamento estimado de 4.200 euros. 

Traballos de asesoramento no ámbito da socioloxía con Antón Alvarez Sousa

04/08/2022

O profesor Antón Álvarez Sousa dirixe un proxecto sobre "As familias acolledoras en Galicia: Novas problemáticas e demandas na era post-covid". Os traballos inclúen unha análise e valoración da imaxe percibida que posúen as familias acolledoras sobre o Programa de Acollemento Familiar. O prazo durante o que se desenvolverán as actividades será de dous meses e medio e conta cun orzamento estimado de 7.000 euros.

Traballos do Grupo de Polímeros no ámbito marítimo

11/07/2022

A Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro, SEO Fisterra Ría de Muros-Noia, e a Asociación Adisbismur promoven o proxecto medioambiental de asesoramento e formación en materiais plásticos no marco do proxecto centro para a transformación do lixo marítimo. O equipo de traballo dirixido pola investigadora e profesora de Física e Ciencias da Terra da Universidade da Coruña, Ana Isabel Ares Pernas, encárgase de levar a cabo as actuacións de: formación, identificación e separación de plásticos, recomendacións de uso do material reciclado e asesoramento durante todo o proceso de transformación dos resudios mariños. O prazo durante o que se desenvolverán as actividades é de 7 meses.

Traballos de asesoramento no ámbito da enxeñaría química con Alberto de Vega

11/07/2022

O profesor Alberto de Vega de Enxeñaría Quimica participa no programa de mostraxe de alimentos de Castela e León en 2022. Así desde febreiro ata agosto de 2022 analizaranse 45 mostras, coa finalidade de dispoñer das determinacións por parte dos datos relativos de contaminantes nos produtos alimenticios, e así poder avaliar os sistemas de control, produción e comercialización. O orzamento do proxecto ascende a 17.000 euros.

Os profesores Ramón Doallo e Juan Touriño da Facultade de Informática da UDC abordan varios proxectos de I+D

11/07/2022

O equipo de investigación composto por membros do Grupo de Arquitectura de Computadores baixo a dirección dos profesores Dr. Juan Touriño Domínguez e Dr. Ramón Doallo Biempica desenvolven actuacións para varios proxectos no campo dos Sistemas de Información Xeográfica (SIG), un proxecto para a adaptación a Apache Spark dun algoritmo xenético de agrupación de parcelas mediante permutas e un proxecto para o desenvolvemento dunha aplicacion SIG-WEB para a consulta de estadísticas de parcelarios. O prazo durante o que se desenvolven os traballos será de 6 meses, a contar desde marzo de 2022, cun orzamento que ascende a 43.000 euros. 

O investigador Miguel Rodríguez Bugarín dirixe un proxecto de mellora das comunicacións na zona portuaria de Vigo e a rede ferroviaria da Unión Europea

11/07/2022

O investigador Miguel Rodríguez Bugarín de Enxeñaría Civil dirixe os traballos obxecto do estudio da conectividade ferroviaria á terminal de Bouzas. Encargarase de analizar os aspectos que resulten máis importantes e decisivos relacionados coa conexión arredor do porto de Vigo e a rede ferroviaria da Unión Europea, tanto desde o punto de vista das infraestruturas como dos servizos ferroviarios de mercancías a desenvolver. Concluindo os traballos coa presentación dun informe no que se expoñan e desenvolvan argumentos técnicos que promovan a contrución dun acceso ferroviario á zona portuaria de Bouzas, en particular para conectar a terminal portuaria de transbordadores coa rede ferroviaria de interese xeral (RFIG).

O profesor Carlos Aymerich Cano da Facultade de Dereito da UDC, nomeado investigador principal en varios proxectos para entidades locais

11/07/2022

A UDC asina contratos con varias entidades locais por un importe de 24.000 euros ata xuño de 2022 co obxectivo do asesoramento xurídico-administrativo no proceso de elaboración das súas relacións de Postos de Traballo (RPT). O encargado de levalos a cabo é o investigador Carlos Aymerich Cano, especializado en Dereito Administrativo e membro activo do Grupo de Investigación Dereito Público Global da UDC; grupo coordinado polo Dr. Jaime Rodríguez-Arana Muñoz. Unha vez concluido o proxecto ten que elaborar un informe sobre as conclusións as que chegue para as entidades solicitantes dos servizos.

Traballos de Ricardo Juncosa no campo da hidroloxía

04/07/2022

O investigador Ricardo Juncosa Rivera, coordinador do Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente, adscrito ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (Citeec) dirixe un proxecto de caracterización química e microbolóxica de augas. Os traballos inclúen un estudo de control de augas nas zonas máis afastadas da contorna da mina de Touro, co fin de ter ben caracterizados os tramos baixos do rio Brandelos e Lañas (ata a súa confluencia co rio Ulla). O prazo de execución dos traballos é de 11 meses e conta cun orzamento que ascende a 50.000 euros. 

Traballos de asesoramento no ámbito da arquitectura con Emma López Bahut

30/06/2022

A investigadora Emma López Bahut, adscrita ao Departamento de Proxectos arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Universidade da Coruña e creadora de Arquitecturas Procesadas, promove proxectos arquitectónicos. O equipo investigador encárgase de realizar unha análise técnica dos procesos creativos do proxecto nas súas diferentes fases de desenvolvemento e a través da plataforma web arquitecturasprocesadas.com difunde os resultados de proxectos que destacan no seu proceso de deseño en diferentes formatos, dando así visibilidade ao traballo de grandes figuras  e estudantes da arquitectura. O proxecto, que deu comezo en febreiro ten unha duración de dous anos.

Estudo de hábitats naturais e proposta de medidas a compensatorias no norte de Lugo polo biólogo Jaime Fagundez

30/06/2022

O investigador e membro do Grupo de Investigación BIOCOST, Jaime Fagundez Díaz, atópase inmerso nun proxecto sobre o estudo da biodiversidade do norte da provincia de Lugo. Os traballos incluen a avaliación dos hátitats incluidos na Directiva 92/43/CEE e do seu estado de convservación durante dous meses, cos que elaborar a cartografía da zona e presentación de propostas de medidas para a conservación e restablecemento dos hábitats naturais, da fauna e flora silvestres de interese comunitario.

Traballos de asesoramento no ámbito da Otorrinolaringoloxía con Óscar Álvarez-Calderón

29/06/2022

O profesor da Facultade de Ciencias da Saúde e médico especializado en otorrinolaringoloxía, Óscar Álvarez-Calderón Iglesias, recibe encargos para a realización dun estudio de "Valoración do impacto da patoloxia na área ORL en calidade de vida e funcionalidade dos pacientes" que a padecen e un "Proxecto de actividades para a promoción da saúde no ámbito da otorrinolaringoloxía". O prazo durante o que desenvolverá os traballos será dun ano.

Aquatica Ingeniería e o grupo de investigación AQUATERRA colaboran no Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa

27/06/2022

O investigador do grupo de investigación AQUATERRA, Javier Samper, dirixirá o proxecto de Actualización do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa. Un equipo de investigadores da Universidade da Coruña están levando a cabo as diversas actuación que inclúen: o estudo do humedal da Laguna de Sobrado dos Monxes, a avaliación de recursos subterráneos na demarcación Galicia-Costa e a elaboración e definición de propostas para a optimización da xestión integral da auga ante os retos do cambio climático. O proxecto que leva en marcha desde febreiro ten unha duración de 10 meses.

O profesor da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas Feliciano Fraguela dirixirá un proxecto de prestación de servizos técnicos e científicos

22/06/2022

O profesor do departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Marítima e membro do grupo de investigación de Enerxía e propulsión, Feliciano Fraguela, dirixe un proxecto de prestación de servizos técnicos e científicos para Empresa Mantenimiento y Servicios, TECMAN S.L..

 

O profesor realizará un estudo sobre a optimización do mantemento naval e industrial mediante a análise de indicadores e parámetros co obxectivo da redución de custos, redución e mellor anticipación de avarías e incremento da vida útil dos equipos. Os traballos levaránse a cabo ao longo dun ano e conta cun orzamento que ascende a 21.000 euros. 

Proxectos I+D+i con AENOR

22/06/2022

AENOR e a UDC amplian a súa colaboación no ámbito da I+D+i. No primeiro semestre do ano 2022 participaron nunha decena de proxectos os profesores/as Javier Pereira de Ciencias da Saúde, Blanca Laffon de Educación, Mª José Abad da Escola de Deseño Industrial, Alfonso Loureiro e Luis Carral da Escola Politécnica Superior, Luis Esteban Romera da Escola Superior de Arquitectura e Juan Ramón Rabuñal da FIC. 

O Instituto Universitario de Estudios Marítimos traballa na mellora da Comunidade Autónoma Galega

22/06/2022

O investigador Fernando González Laxe, profesor da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña e director do Instituto Universitario de Estudios Marítimos desenvolve proxectos de asesoramento técnico no ámbito marítimo para as Autoridades Portuarias da Coruña, Vilagarcía, Vigo e Ferrol. As actuacións están dirixidas ao estudo da competitividade e mellora da estratexia de crecemento e consolidación da Comunidade Autónoma galega. Para a execución dos traballos conta cun orzamento estimado de 50.000 euros.

O Grupo de investigación RNASA-IMEDIR da UDC participa en proxectos relacionados coa Intelixencia Artificial

21/03/2022

Na actualidade o equipo de traballo leva a cabo un proxecto cun orzamento estimado de 28.000 euros sobre asesoramento na aplicación de técnicas de optimización de visualización de imaxe médica que está liderado polo profesor da Facultade de Informática Julián Dorado de la Calle. O prazo durante o que se desenvolveran os traballos de asesoramento é de 6 meses.

O departamento de Química da Facultade de Ciencias da UDC pon en marcha un proxecto sobre el Estudo de propiedades físico-químicas de tellas cerámicas

23/06/2021

 

Os responsables de levar a cabo o proxecto son os profesores María Teresa Rodríguez Blas e Andrés Manuel de Blas Varela do Grupo de Investigación Metais en Medio Ambiente e Medicina (METMED) adscritos ao Departamento de Química da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña. A duración inicial do proxecto é de 24 meses. Durante o  desenvolvemento do proxecto os investigadores centraránse principalmente en analizar as transformacións de fase que se producen durante o tempo de cocido, así como a estrutura porosa do material.


#investigacionudc #innovacion

O profesor Ricardo Juncosa traballa en proxectos de investigación no campo da hidroloxía

22/06/2021

O profesor Ricardo Juncosa do grupo GEAMA lidera proxectos de investigación no campo da Hidroloxía que supoñen unha inversión preto de 42.000 euros. As entidades coas que participa son Termas do Prexigueiro S.L. e Ibernisha participando na adaptación dos espazos termais de Outariz e A Chavasqueira e As Termas do Prexigueiro, e Cobre San Rafael traballando no Informe do plan hidrolóxico de Galicia.

 

A Universidade da Coruña e Repsol asinan un acordo de colaboración

22/06/2021

O profesor José Manuel Andrade Garda Catedrático de Química Analítica da UDC e membro do Grupo de Investigación QANAP lidera o equipo de traballo encargado de levar a cabo a investigación no ámbito científico acordada no acordo asinado entre a Universidade da Coruña e Repsol. A duración do proxecto é dun ano desde a sinatura o 20 de decembro de 2020 e conta cun orzamento de 84.700 euros.

#investigacionudc #innovacion

A entidade Drenatura S.L. e a Universidade da Coruña impulsan proxectos en materia de enxeñaría civil hidráulica e desenvolvemento sostible

Un equipo do GEAMA desenvolve o proxecto de "Elaboración de manual de drenaje sostenible de aguas pluviales en infraestructuras viarias de Bizkaia". Os traballos dirixidos por Joaquín Suárez López e José Anta Álvarez, profesores do departamento de Enxeñaria Civil da UDC están enfocados ao deseño de técnicas que permitan xestionar as escorrentías e os seus impactos nas vías de comunicación. De forma complementaria, o proxecto pretende o desenvolvemento dunha ferramenta estocástica de apoio para avaliar o índice de impacto e a vulnerabilidade do medio receptor para tomar medidas correctivas. O prazo durante o que se desenvolverán as actividades será de 12 meses e conta cun orzamento que  ascende a 48.000 euros.