Actualidade

A Cátedra NTT Data colaborou na Olimpíada Informática Galega 2024

 

A Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense da UVigo acolleu o 3 de febreiro de 2024 a celebración da  Olimpíada Informática Galega 2024 (OIG 2024), organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas (UVigo, UDC e USC) e máis o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC, e que contou coa colaboración de empresas tecnolóxicas, entre ellas, la Cátedra NTT Data.

 

A Olimpíada Informática Galega (OIG 2024) está patrocinada por diversas entidades e empresas do sector TIC: Amazon AWS, Apser, Clúster TIC Galicia, Denodo, Dinahosting, DXC Technology, GDI, Mindata, Minsait, Cátedra NTT Data, Oracle, Sixtema e Veritas. 

 

Os estudantes de educación secundaria, bacharelato e grao medio (ou equivalente) compiten de forma individual e intentan maximizar a puntuación obtida resolvendo un conxunto de problemas de programación. Nesta edición participaron 26 estudantes de Educación Secundaria (ESO), Bacharelato e Formación Profesional de grao medio de toda Galicia, procedentes de quince centros educativos e residentes na Coruña (4 participantes), Vigo (2), Ribeira (1), Ames (1), Santiago de Compostela (5), Brión (2), Negreira (1), Narón (1), O Barco de Valdeorras (2), Teo (1), Burela (1), Ferrol (1), O Porriño (1), Redondela (1), Vedra (1) e Allariz (1). 

 

Os dous primeros clasificados, en primeira posición, Pedro Rey Arca e no segundo posto, Hugo Domínguez Conde, accederon de forma directa á fase final da XXVIII Olimpiada Informática Española, 2024 (OIE 2024), que tivo lugar entre o 15 e 17 de marzo de 2024 na Escola Técnica Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Sevilla. De aí, os gañadores poderán acceder á 36ª Olimpíada Internacional de Informática (IOI 2024), que se celebrará en Exipto no mes de setembro.