Actualidade

A Cátedra Aldaba-WIB financia un dos premios do VI Congreso XoveTIC

06/10/2023

 

A Cátedra Aldaba-WIB entregou un dos premios do VI Congreso XoveTIC, celebrado o 5 e 6 de outubro no CITIC, que reuniu na cidade a investigadores de Galicia e Portugal. O evento busca dar visibilidade ao talento das novas xeracións de investigadoras e investigadores da área das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

 

O premio da Cátedra Aldaba-WIB foi concedido á informática Hilda Romero, que se fixo co premio ao traballo máis relevante liderado como primeira autora unha muller, polo seu traballo “Indexación y Recuperación de Partituras por Tarareo Basada en Características Extraídas”. O traballo de Hilda Romero busca dar resposta a unha necesidade de moitos músicos e músicas: atopar unha canción de forma rápida cun simple tarareo ou tocando un instrumento. Baseándose no traballo recolleito na Folkoteca Galega, Hilda e o seu equipo fixeron cálculos coas melodías aplicando técnicas informáticas coas que conseguiron indexar as partituras e establecer unha relación co audio.

 

Le aquí a noticia completa con todos os gañadores do VI Congreso XoveTIC.