Actualidade

A directora da cátedra ALDABA WIB participa no acto de clausura do programa Inspira STEAM Coruña 2023

22/06/2023

 
A directora da Cátedra pola UDC, Virginia Mato, participou o pasado 21 de xuño no acto de clausura do programa Inspira STEAM Coruña 2023 celebrado no CITIC. O programa educativo Inspira STEAM, promovido pola Universidade de Deusto e coordinado na Coruña pola investigadora Verónica Bolón, ten como obxectivo fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre os estudantes, especialmente entre as nenas. 
 

O acto de clausura contou cas intervencións de María José Lombardía, Vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade da UDC, Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), Luis Hervella, director da Cátedra NTT Data, Manuel G. Penedo, director do CITIC e Verónica Bolón, coordinadora desta iniciativa. Tamén se celebrou a mesa redonda "Fenda de Xénero nos estudos STEAM" na que participaron, Virginia Mato, directora da Cátedra ALDABA WIB pola UDC, presentando os resultados do proxecto BBG-TIC (wib.aldaba.es/bbg-tic), Teresa Piñeiro, directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da UDC e María Carneiro, presidenta de AMIT Galicia. 
 

Para ampliar información sobre este programa: https://citic.udc.es/gl/o-programa-inspira-steam-coordinado-por-veronica-bolon-do-citic-da-udc-esperta-novas-vocacions-cientificas-en-a-coruna/