Actualidade

Entrega dos II Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da Universidade da Coruña

10/09/2021

 

A Universidade da Coruña ven de facer o venres 10 de setembro a entrega dos II Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da UDC, cuxo obxecto é recoñecer e impulsar a calidade daquelas iniciativas de innovación docente que empreguen a metodoloxía da aprendizaxe-servizo dentro do marco curricular da UDC.

 

 

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sustentable patrocinou os premios da modalidade de Sustentabilidade, orientada a proxectos relativos ao respecto ao medio ambiente, a economía circular ou a procura dun equilibrio entre  o desenvolvemento económico e o medio. Os premiados nesta categoría foron os seguintes proxectos:

  • O primeiro premio foi para a profesora Laura Varela Candamio polo proxecto “Economía con ciencia y conciencia: fomentando el desarrollo sostenible”.
  • O segundo premio foi para as profesoras profesoras María José Abad López e Ana Isabel Ares Pernas polo proxecto "Taller de reciclaxe e consumo responsable".

 

 

A entrega dos premios pode visualizarse no seguinte vínculo: