FUAC. Comunicación. Actualidade

A Cátedra Epifanio Campo galardoa as mellores propostas do seu Segundo Premio de Investigación para impulsar a investigación e valorización dos residuos industriais

01/12/2023

O acto contou coa presenza do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey; a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana; o reitor da UDC, Julio Abalde; o conselleiro delegado do Grupo Rodonita, Jacobo Campo; e a directora da Cátedra Epifanio Campo, Mª Paz Mateo; ademais do director xeral do grupo Rodonita Medio Ambiente, Antonio Roncero; e distintos representantes de institucións, empresa e eido universitario. O primeiro premio foi para o traballo desenvolvido polo Grupo de investigación de Estradas, Xeotecnia e Materiais, liderado polo doutor Ignacio Pérez, e o segundo premio para o grupo de investigación Bioenxeñaría Ambiental e Control de Calidade, dirixido pola profesora María Carmen Veiga.

A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC convoca a segunda edición do premio ao mellor Traballo de Fin de Mestrado

03/10/2023

Arrinca o terceiro curso da Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa e faino coa convocatoria da súa segunda edición do premio ao mellor Traballo Fin de Máster en base a criterios ASG (ambientais, sociais e de gobernanza) e propósito corporativo. Poderán optar a el todas aquelas persoas tituladas que defendesen o seu Traballo Fin de Máster en calquera das universidades galegas durante os anos 2022-2023 cunha cualificación de sobresaliente. Outorgaranse dous premios, un dotado con 1.500 euros para a persoa autora do Traballo Fin de Máster que resulte gañador, e un segundo premio, dotado con 500 euros.

A Cátedra R convoca unha nova edición dos premios aos mellores traballos en ciberseguridade

25/09/2023

A Cátedra R en Ciberseguridade, dirixida na UDC polo investigador do CITIC Carlos Dafonte, convoca os V Premios aos Mellores Traballos Académicos e de Investigación en Ciberseguridade Dixital. O obxectivo principal destes premios é “a promoción e difusión da actividade docente e investigadora no ámbito da ciberseguridade”.

A sala de prensa da Universidade da Coruña, na Reitoría, acolleu o 26 de xullo o acto de entrega dos III Premios da Cátedra Emalcsa - UDC aos mellores Traballos de Fin de Máster

26/07/2023

A sala de prensa da Universidade da Coruña, na Reitoría, acolleu o 26 de xullo ás 10:00h o acto de entrega dos  III Premios da Cátedra Emalcsa - UDC aos mellores Traballos de Fin de Máster defendidos polo alumnado da UDC no curso 2021-2022, relacionados coa xestión sustentable da auga urbanaO acto foi presentado polo vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, contou coa asistencia da alcaldesa da Coruña e presidenta de Emalcsa, Inés Rey, o director Xeral de Emalcsa, Jaime Castiñeira de la Torre; e o director da Cátedra Emalcsa-UDC, o profesor Moisés Canle.

A Cátedra Epifanio Campo UDC convoca uns premios aos mellores proxectos de investigación que avancen na xestión de residuos industriais

15/06/2023

A Cátedra Epifanio Campo convoca os II Premios de Investigación Epifanio Campo, inspirados na figura do empresario e seguindo o seu legado de responsabilidade ambiental e compromiso coa economía circular. A finalidade dos Premios é a de impulsar e premiar a investigación relacionada coa xestión e valorización dos residuos xerados pola actividade industrial, como parte dunha economía circular que axude á protección do medio ambiente.

A Cátedra Greenalia-UDC convoca os premios 'Galicia Renovable' para a alumnado do Sistema Universitario Galego

24/05/2023

A convocatoria está dirixida ao alumnado do Sistema Universitario Galego (SUG) que presenten o seu traballo de fin de Grao (TFG) ou traballo de fin de mestrado (TFM) durante o actual curso académico 22/23 ou os dous anos anteriores. O prazo de candidaturas está aberto ata o próximo 31 de xullo. As persoas interesadas poderán presentar os seus traballos a través da web da cátedra.

III Convocatoria Premios Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte

26/08/2021

Aberta a terceira convocatoria de Premios da Cátedra HM Traumatoloxía do Deporte. Nesta ocasión haberá premios para a mellor Tese Doutoral e para o mellor TFM.