O grupo de investigación Performance and Health Group da UDC está desenvolvendo un proxecto para a creación dun curso de formación específica en programas de actividade e exercicio físico saudables para o colectivo de educadores físicos e deportivos, con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, coa finalidade de ampliar a oferta formativa de cursos propios da UDC. No proxecto, liderado polo investigador e director da Cátedra SXD Galicia Activa, Eliseo Iglesias Soler, participan os investigadores Manuel Giráldez García, Xurxo Dopico Calvo, María Rúa Alonso, Juan Fariñas Rodríguez, Jessica Rial Vázquez e Ivan Nine, da UDC; Javier Rico Díaz, da USC e Roberto Barcala Furelos, da UVigo.