FUAC. Comunicación. Actualidade

A Universidade da Coruña recibe encargos para o desenvolvemento de proxectos de Enxeñaría Láser

31/10/2023

O grupo de investigación do Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL) adscrito ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da UDC, lidera proxectos de investigación baseados na aplicación da tecnoloxía láser. Os traballos teñen por obxecto asesorar ás empresas no tratamento e análise de materiais con láseres pulsados ​​e aplicacións industriais de láseres de potencia, realizando cursos de formación e desenvolvendo actividades de divulgación para promover o coñecemento científico na sociedade. Os traballos desenvolvidos durante o ano 2023, dirixidos polo coordinador do grupo de investigación LAIL, Armando Yañez Casal e os investigadores Ana Jesús López Díaz e Alberto Ramil Rego, supoñen un investimento que ascende a 25.000 euros.

A Universidade da Coruña e Precisgal impulsan proxectos de I+D+i

07/08/2023

O investigador Armando Yañez Casal, coordinador do grupo de investigación Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL) será o encargado dirixir o proxecto para a realización dun curso de formación sobre “LASER CLADDING DE MATERIALES CERAMICOS DE MATRIZ METALICA”. O curso ten unha duración de 15 horas, distribuído en tres xornadas e impartirase por profesores do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais(CITENI) da Universidade da Coruña.