Actualidade

O investigador José Pablo Abeal conta cun financiamento de preto de 45.000 euros para analiza o impacto da COVID19 no sector turístico

01/02/2021

 

"Analizar a situación xerada pola COVID-19, o impacto da pandemia sobre os principais axentes turísticos da cidade e o seu efecto a curto e longo prazo" é o principal obxectivo do proxecto asinado entre o Concello da Coruña e a Universidade por un importe que ascende a 18.113 euros. Así, nun prazo de cinco meses e medio, os investigadores José Pablo Abeal Vázquez, da Facultade de Economía e Empresa, e Carlos Jaime Rodríguez Carro, da Escola de Turismo, estudarán as consecuencias da actual situación sociosanitaria desde a perspectiva dos principais grupos de interese e a través dunha visión económica, social e ambiental. 

 

José Pablo Abeal encargase tamén de coordinar, coma investigador principal, unha inciativa financiada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés para "identificar os elementos máis relevantes do Camiño Inglés para a súa sustentabilidade desde a perspectiva sociocultural, económica, medioambiental e institucional". Neste caso, debe realizarse ao longo de catro meses, e por un importe de 9.860 euros, unha análise económica do sector turístico directamente relacionado cos ayuntamientos de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago.

 

Reseva da Biosfera y Ría da Estrela

 

As asociacións de desenvolvemento rural Mariñas-Betanzos e Ría de Muros-Noia, pola súa banda, veñen de asinar cadanseus proxectos coa Universidade da Coruña, a desenvolver en cinco e sete meses respectivamente. Trátase da análise turística de ambos territorios, que inclúen un total de 23 municipios, a través de enquisas que permitan estudar o perfil tanto dos turistas coma dos empresarios do sector. 

 

Tanto a iniciativa a desenvolver na Reserva da Biosfera "Mariñas Coruñesas e Tierras do Mandeo", con un importe de 9.860 euros, como na Ría de Muros-Noia, por 7.260 euros, levarase a cabo baixo a coordinación do investigador José Pablo Abeal.