A profesora da Facultade de Fisioterapia e membro activo do grupo de investigación Intervención Psicosocial e Rehabilitación, Sonia Souto Camba, dirixe un proxecto de investigación en Fisioterapia e Rehabilitación funcional, impulsado polo Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (COFIGA). Os traballos, iniciados en marzo de 2023, teñen unha duración de 12 meses e inclúen a elaboración de informes e proxectos de intervención profesionais e a análise da situación investigadora na área da fisioterapia.