Actualidade

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, ofrece unha conferencia sobre Un proxecto de xestión social e económica na cidade da Coruña na Universidade da Coruña

10/04/2024

 

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, impartirá o venres 12 de abril unha conferencia na Universidade da Coruña, onde falará sobre “Un proxecto de xestión social e económica na cidade da Coruña”. 

 

A charla, enmarcada no ciclo de conferencias sobre Economía e Internacionalización da Cátedra Luis Fernández Somoza, é de acceso libre ata completar aforo e terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Economía e Empresa da UDC a partir das 13:00h.