FUAC
O investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña (CITIC) Luís Castedo vén de ser nomeado presidente da área TIC da Axencia Estatal de Investigación (AEI), organismo público responsable do fomento da investigación científica e técnica en todas as áreas do saber. Esta área, unha das 19 a través das que que a AEI desenvolve a súa actividade, engloba a investigación en procesamento de sinais, sistemas radiantes, subsistemas de radiofrecuencia e comunicacións ópticas.