Actualidade

A Cátedra Luis Fernández Somoza convoca axudas no ámbito internacional para profesorado e estudantado da Facultade de Economía e Empresa da UDC

Co obxectivo de potenciar as relacións docentes-internacionais no ámbito da internacionalización a Cátedra Luís Fernández Somoza convoca axudas para profesorado, de proxectos de investigación e de mobilidade para impartir docencia en universidades estranxeiras, e para estudantado da Facultade de Economía e Empresa da UDC que participe en programas de mobilidade Erasmus ou internacional durante curso académico 2023-2024, co fin de potenciar a colaboración entre a Facultade de Economía e Empresa da UDC e universidades estranxeiras. 

 

Axudas para artigos de investigación entre profesorado da F.E.E da UDC e Universidades Estranxeiras

Dotaranse un máximo de 10 axudas dunha contía individual de 1.000 euros, dirixidas a profesores da Facultade de Economía e Empresa da UDC con proxectos de investigación en colaboración con profesores de universidades estranxeiras. O período de solicitude aberto desde o 13 de xullo de 2023 ata o 15 de outubro de 2023

 

Máis información e inscrición

 

Bolsas para mobilidade do profesorado da Facultade de Economía e Empresa

Ofrécense axudas económicas para financiar estancias breves (máximo 4 días de docencia) de profesores da  Facultade de Economía e Empresa que impartan materias en inglés en Widener University-Delaware. A estancia realizarase en período lectivo e poderá disfutarse ata o 20 de decembro de 2023.

 

Máis información e inscrición

 

Bolsas de formación para a mobilidade internacional de estudantes da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña que estea a cursar graos únicos universitarios  ou programas de dobre titulación (graos universitarios) e que participe en programas de mobilidade Erasmus ou internacional de fins de estudo durante cúrsoo académico 2023-2024, Erasmus+ ou Bilaterais SM

Para o estudantado que participe en programas de mobilidade Erasmus ou internacional no curso académico 2023-2024 se concovan un máximo de 10 axudas dunha contía individual de 1.000 euros. Son compatibles e complementarias con outras bolsas que o beneficiario/para poida obter para a mesma estancia. O período de solicitude estará aberto desde o13 de xullo de 2023 ata o 15 de outubro de 2023.

 

Máis información e inscrición