Actualidade

Peche e entrega de diplomas do ALDABA-TIC CAMP

03/07/2023

 

O pasado venres, 30 de xuño, finalizou a primeira edición do ALDABA-TIC CAMP celebrado de forma simultánea nas instalacións da Facultade de Informática da Universidade da Coruña no campus de Elviña e na Escola de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo no campus de Ourense.

 

Esta primeira edición foi un éxito de participación, as 72 nenas e nenos inscritos asistiron durante cinco días a esta emocionante “Misión a Marte”, unha aventura tecnolóxica e educativa que pretende espertar nas e os máis pequenos o interese polas novas tecnoloxías, o que redundará en fomentar as profesións STEM. Durante a última xornada, entregáronse os diplomas que recoñecen as habilidades adquiridas polos pequenos e pequenas astronautas en robótica, programación, deseño e impresión 3D.

 

 

Máis información en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2023/07/01/curso-mayoria/0003_202307H1C5993.htm