Actualidade

O 4º Encontro Estatal do Profesorado da Área de Urbanística e Ordenación do Territorio celebrarase en A Coruña en 2023

01/12/2022

O 26 e 27 de xaneiro de 2023, o Museo de Belas Artes da Coruña acollerá o 4º Encontro (AUoT)de profesorado da Área de Urbanística e Ordenación do Territorio.


Tras os tres fructíferos encontros anteriores celebrados en Madris, Valladolid e Valencia, encamiñamonos hacia o 4º Encontro que se celebrará en A Coruña, en formato híbrido (presencial e online). Estas xornadas científicas, dirixidas principalmente a docentes e investigadores da Área de Urbanística e Ordenación do Territorio, pretenden ser un foro de debate onde compartir experiencias, metodoloxía, investigacións e tamén preocupacións e inquedanzas.

 

Este cuarto encontro plantexase como un punto de inflexión: por un lado, unha recapitulación das aportacións realizadas ata a data e por outro lado unha reflexión sobre os pasos a dar nun futuro. Conta co patrocinio da Xunta de Galicia en concreto á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, el Museo de Belas Artes dá Coruña e da Autoridade Portuaria da Coruña.

 

Co obxectivo de recuperar o rigor do pensamento para comprometerse con retos contemporáneos da área de urbanística e ordenación do territorio a organización deste encontro, que corre a cargo do Departamento de Proxectos Arquitectónicos Urbanismo e Composición (DPAUC) da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña e do grupo de investigación Galicia, Cidade e Territorio (GCeT), editará unha publicación que pretende ser un compendio das contribucións realizadas ata a data. 

 

Os autores dos relatorios presentados nas diferentes mesas e debates celebradas con anterioridade, poderán enviar un texto, resumo do presentado nos “ENCONTROS AUoT” a jesus.conde@udc.es.

 

Coa vista posta no que virá nos vindeiros anos, propuxose unha variación no formato deste cuarto encontro introducindo unha tarde máis concebida como una serie de actividades paralelas que acompañan ao programa de carácter máis "oficial" e que terán lugar o xoves 26 de xaneiro de 2023, que incluen unha visita ao Museo de Belas Artes, rematando o día cunha cea nun local de hostalería próximo. 

 

O venres 27 de xaneiro de 2023 terán lugar as tres mesas redondas, a primeira titulada "“50 años de docencia e investigación urbanística”, a segunda:“paisaje y emergencia climática: las ciudades portuarias como ejemplo” e a terceira:“Colectivos de profesorado AUoT”.  
 

Os interesados en participar, presencial u online poden inscribirse a través do seguinte formulario ata o 30 de dedembro de 2022.

 

Inscríbete aquí 

 

Aquí podedes atopar o programa do encontro.