Actualidade

Un grupo de usuarios amantes do marketing dixital organizan un networking e taller de escritura persuasiva no Campus de Esteiro

25/11/2022

Un grupo de usuarios e amantes do marketing digital organiza en colaboración coa FUAC (Fundación Universidade da Coruña) unha charla gratuita de escritura persuasiva, celebrada na Universidade Senior-Campus de Ferrol o venres 25 de novembro de 202  a partir das 19:30 horas. 

 

O taller “Cómo logar que tus textos enganchen a los lectores de tu web” foi impartido polo periodista e coordinador de redes sociais na Opinión de A Coruña, Manolo Rodríguez. 

 

O relator contou as claves máis importante para entender e atraer aos lectores e á audiencia a través de historias que enganchan. 

 

 

Ademáis, durante o evento tamén houbo tempo para difundir o traballo e labor social que realiza a Asociación Cometa, unha organización sen ánimdo de lucro adicada ao coidado e protección dos animais na comarca Ferrolterra. 

 

Ao finalizar o relatorio Manolo Rodríguez regalou a dous dos asistentes exemplares dos seus libros "No le digas a  mi madre que tengo un blog", é unha viaxe de máis de 250 páxinas ao corazón do proceso de bloguear con recomendacións e ferramentas para sacarlle o maior partido a un blog e "La princesa de los Apóstoles", é unha novela de intriga e aventuras que mezcla feitos reais con outros que non o son o que provoca que ao final o lector non saiba ben se todo o que liu é certo, dando paso a un networking onde os 18 asistentes puideron intercambiar impresións coas persoas emprendedoras.