Actualidade

O congreso XoveTIC falla os premios a cinco proxectos de IA en saúde e educación

06/10/2022

A entrega de premios tivo lugar durante o congreso XoveTIC, celebrado os días 5 e 6 de outubro de 2022. Presentáronse máis de 50 traballos de investigación do ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de España e Portugal na quinta edición deste congreso que organiza o CITIC da UDC para atraer talento xove, impulsar a carreira científica e promover a transferencia de proxectos TIC á sociedade. 

 

O obxectivo do XoveTIC é construír un espazo de encontro para o debate científico e contribuír á formación dos novos investigadores e investigadoras. Durante o congreso tiveron lugar dúas sesións plenarias, a cargo da enxeñeira de software en Google Research, Sabela Ramos, e o Cátedrático de Arquitectura e Tecnoloxías da Computación da UCM e presidente do SAB (Comité Asesor Externo) do CITIC.

 

Concedéronse cinco premios de 300 euros cada un aos proxectos máis valorados polo comité científico en áreas ou liñas de alto interese e impacto social. Un destes premios é financiado polas cátedras institucionais da Facultade de Informática, entre as que se atopa a Cátedra NTT DATA.

 

Este ano o traballo patrocinado polas cátedras institucionais vencelladas á Facultade de Informática da UDC foi presentado por Irene González da UDC baixo o título  “Evaluación de la atención selectiva en niños a través de Digital Teddy: estudio preliminar” centrado na atención selectiva en nenos, sendo coautores Francisco J. Vázquez-Araujo, Paula M. Casto Castro, Verónica Robles-García e Adriana Dapena Janeiro. 

 

#talentoFIC