Actualidade

A Cátedra Inditex de Lingua e Cultura Españolas na Universidade de Daca da UDC promove a exposición 'Diez años de travesía y lugares de Daca'

06/10/2022

 

O profesor da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, José María Mesías Lema, é o encargado de dirixir e comisariar a exposición de Santiago Fernández Mosquera "Diez años de travesía y lugares de Daca"

 

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, inaugurará a exposición o 6 de outubro as 19:00 horas no Centro Ágora da Coruña no que poderá verse todo este mes.

 

A mostra fotográfica recolle a experiencia dun percorrido ao longo de dez anos polos lugares de Daca. Esta travesía preséntase como unha singladura polo territorio da auga, en naves artesás sobrecargadas que recorren un laberinto de ríos e estuarios que son, ao tempo, vida e reto para o pobo bangladesí. Ese esforzo titánico, de loita contra a forza da natureza está logrando os seus froitos. Calquera viaxeiro que distancie as súas visitas poderá comprobar como crece Bangladés e como se  melloran as súas condicións de vida.

 

Detrás destas fotos encóntranse as xentes de Daca representadas nos seus retratos: rostros curtidos que traslucen profesións arriesgadas e duras que proxectan lugares e travesías que se poden vislumbrar a través destas escenas cotiás.