Actualidade

A Universidade da Coruña e o Clúster Audiovisual Galego impulsan o proxecto I+P INCUBA

29/09/2022

A profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación María Josefa Formoso coordina o proxecto I+P INCUBA que conta coa financiación do Instituto de Cinematografía y Artes Visuales (ICAA) do Ministerio de Cultura y Deporte. O proxecto posto en marcha en setembro ten como obxectivo a incubación e mellora de proxectos audiovisuais en fase de desenvolvemento a través de titorías, webinarios e consultoría. Nesta primeira edición forman parte de I+P INCUBA seis proxectos. Os produtores e guionistas de cada un dos proxectos contarán co asesoramento en tres ámbitos: guión, produción e distribución entre os meses de setembro, outubro e novembro.