Actualidade

A Aula de Nutraceútica e Ciencias Biomédicas organiza o Curso de Nutrición Básica

01/10/2022

Nos últimos anos a alimentación adquiriu unha gran relevancia dentro do ámbito sanitario, xerando unha gran demanda de información rigorosa que organice a gran cantidade de datos ao respecto circulan en todos os medios. É por iso que o presente curso pretende achegar as bases dunha correcta nutrición, de tal forma que sirva de complemento e inicio do estudo dos fundamentos da alimentación, poñéndoa en valor. 

 

Todas aquelas persoas interesadas en iniciarse nos coñecementos fundamentais da ciencia da nutrición poderán disfrutar realizar a inscrición a partir do 1 de outubro de 2022. O desenvolvemento do curso inclue 7 clases teórico-prácticas en formato online, cun tempo de dedicación estimado de 15 horas. 

 

Está impartido pola experta universitaria en Nutrición Clínica Beatriz Buelta, pola asesora nutricional, dietista e docente de profesionais no ámbito de la saúde Núria Guiu, pola dietista clínica no Centro Epidermos de Barcelona Sandra Onieva e pola doutora en medicina e experta en enfermidades infecciosas e microbiota Sari Arponen

 

Máis información e inscricións

 

Aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas

A Aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas creouse pola empresa Hausmann Galénica e a Universidade da Coruña. Entre os seus obxectivos atópase difundir coñecemento sobre nutrición, algo fundamental no mantemento da saúde.