Actualidade

A entidade Drenatura S.L. e a Universidade da Coruña impulsan proxectos en materia de enxeñaría civil hidráulica e desenvolvemento sostible

Un equipo do GEAMA desenvolve o proxecto de "Elaboración de manual de drenaje sostenible de aguas pluviales en infraestructuras viarias de Bizkaia". Os traballos dirixidos por Joaquín Suárez López e José Anta Álvarez, profesores do departamento de Enxeñaria Civil da UDC están enfocados ao deseño de técnicas que permitan xestionar as escorrentías e os seus impactos nas vías de comunicación. De forma complementaria, o proxecto pretende o desenvolvemento dunha ferramenta estocástica de apoio para avaliar o índice de impacto e a vulnerabilidade do medio receptor para tomar medidas correctivas. O prazo durante o que se desenvolverán as actividades será de 12 meses e conta cun orzamento que  ascende a 48.000 euros.