Actualidade

Xornada sobre o impacto da nova lei do ciclo integral da auga nos concellos

19/05/2022

 

O Salón de Actos da Facultade de Dereito da Universidade acollerá o vindeiro 27 de maio a "Xornada sobre o impacto da nova lei do ciclo integral da auga nos concellos", organizada en colaboración polas Cátedras de Dereito Local da UDC a Cátedra Emalcsa UDC. A entrada é libre ata completar aforo.

 

As 9:30 dará comezo a presentación da xornada da man da Dirección da Cátedra, a Alcaldesa de A Coruña, o Presidente da Deputación da Coruña e Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia. As conferencias comezarán ás 10:00h e contarán coa participación de Joaquín Suárez López (profesor de tecnoloxías de medio ambiente da UDC) coa conferencia "A xestión integral do ciclo da auga na era do cambio climático: problemas e perspectivas"; Francisco Delgado Piqueras (Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Castilla-La Mancha) coa conferencia "A formalización xurídica da xestión integral da auga: unha visión comparada"; Teresa Gutiérrez, a directora de augas de Galicia, Angel Mato, alcalde de Ferrol e Marcos Martín, director xeral de Viaqua Galicia ofrecerán a conferencia "A realidade da xestión da auga en Galicia, entre os concellos e Xunta de Galicia".

 

Pola tarde, ás 16:30h dará comezo a intervención de Javier Sanz Larruga (Catedrático de Dereito Administrativo da UDC). Patricia Vilán Lorenzo (asesora xurídica de FEGAMP) e a asesora da Xunta de Galica ou Aguas de Galicia coa conferencia "Tres visións xurídicas sobre a nova Lei do Ciclo Integral da Auga" e para rematar ás 18:00h participarán un representante de cada grupo parlamentario PP, BNG e PSdG coa conferencia "Visións políticas sobre a nova lei do Ciclo Integral da Auga e a súa implementación".

 

A presente xornada busca repasar os principais desafíos desta política, obxecto dunha nova lei galega, de mellora da xestión do ciclo integral da auga. Cales son as súas novidades? Como afectan ás actuais competencias dos Concellos? Cales pasan a ser os modelos prestacionais axeitados para o seu cumprimento?

 

Accede ao programa da xornada aquí