Actualidade

A Facultade de Informática da UDC fallou o seu Premio ao mellor TFG aplicado durante a FePEfic o martes 5 de abril

07/04/2022

 

A VII edición do Premio ao Mellor TFG Aplicado da FIC patrocinada polas cátedras institucionais de NTT DATA, Aldaba-WIB e Corunet e coa colaboración do CITIC, fixeron entrega dos premios durante a celebración  da Feira de Emprego e Prácticas da Facultade.

 

Os nominados Paulo Seoane, polo seu traballo "Técnicas de Intelixencia Artificial Aplicadas á Detección de Ciberacoso en Redes Sociais", Manuel Couto polo seu traballo "Monitorización y control de explotación de ganadería extensiva" e Juan González polo seu traballo "Aplicación móvil y monitorización de un dummy para la formación en emergencias sanitarias" presentaron os seus traballos durante a celebración da Feira de Emprego e Prácticas da Facultade, que reuniu a máis de 26 empresas do sector TIC, que impartiron conferencias e obradoiros destinados a orientar aos alumnos.

 

O primeiro premio, dotado de 1.500 euros foi para Paulo Seoane, facéndose entrega de dous accesits de 500 euros cada un a Manuel Couto e para Juan González.

 

#ptfgFIC #talentoFIC