Actualidade

O futuro da Intelixencia Artificial

29/03/2022

 

A intelixencia artificial é un compoñente habitual máis nos medios sociais cos que convivimos, e está detrás da recomendacións de contido ou contactos personalizadas, publicidade dirixida, etc. O poder destas tecnoloxías está principalmente nas mans das grandes compañías tecnolóxicas, pero tamén poden ser utilizadas, con coñecemento, por expertos de márketing ou de comunicación para o beneficio das organizacións. Por exemplo, a monitoraxe ou escoita de redes sociais potenciada pola intelixencia artificial pode proporcionar información moi interesante que pode ser de utilidade para, por exemplo, controlar a reputación dunha marca ou atopar novas audiencias ás que dirixirse.

 

Ademais, a intelixencia artificial está a cambiar a comunicación empresarial. Analizaremos tamén as vantaxes e desvantaxes do uso de sistemas de intelixencia artificial para a xestión da atención ao cliente ou a creación automatizada de contido como comunicados de prensa, materiais de márketing ou publicidade, e outras comunicacións empresariais.

 

Por suposto, cando falamos de intelixencia artificial sempre hai que tratar os seus grandes retos e limitacións, que por suposto son de aplicación tamén neste ámbito, como a privacidade, seguridade, ética, transparencia,  explicabilidad, equidade e non discriminación, entre outros.