Actualidade

A comunicación é poder

11/03/2022

 

A Comunicación é poder. Un poder ao que as empresas e institucións deben dedicar esforzos para lograr gañar a confianza do seu público. Un público que hoxe, nun contexto de desinformación debido ás denominadas fake news, pon máis en dúbida todo aquilo que se di. Por iso, xa na actualidade, pero tamén de cara ao futuro, é vital que as organizacións poñan atención na transparencia. Este é un dos retos presentes e futuros dun sector que ten que aproveitar as oportunidades que lle brinda o Big Data e que non debe deixar a sostenibilidade. 


Comunicación, Sostenibilidad e Confianza foi, precisamente, o eixe de diálogo do primeiro encontro do ciclo de charlas COMversacións, organizado pola Cátedra Vegalsa-Eroski da Universidade da Coruña de Compromiso Social e Reputación Corporativa. Un encontro onde se analizou en clave feminina estos aspectos relacionados cun sector que, ademais, resulta ser moi feminizado. Sobre este encontro, e sobre os retos de comunicación, charlan en Quincemil coa directora desta Cátedra, a profesora da Facultade de Comunicación da UDC, Carmen Costa. 

 

Na súa entrevista Costa destaca que "Es necesario avanzar en la transparencia para hacer frente a la desconfianza y desinformación", e conta ademais cales son as próximas actividades previstas a desenvolver dentro da Cátedra, entre as que se atopan: outra xornada do ciclo COMversacións sobre tecnoloxía, comunicación e medios sociais, un proxecto de investigación sobre cómo se relacionan os mozos con contidos de saúde nas redes sociais; un obradoiro de empregabilidade con Espazo Compartido; ademais da convocatoria duns premios para traballos finais de grao e de máster no ámbito da responsabilidade social. 

 

Le aquí la entrevista completa