Actualidade

A Cátedra ALDABA WIB participa nos premios dos mellores TFG aplicados do curso 2019/2020

09/04/2021

 

O acto celebrouse telemáticamente o 9 de abril de 2021. Este galardón recoñece aos mellores traballos de fin de grao presentados e defendidos no curso 2019/2020 por alumnos da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Esta sexta edición do Premio estivo patrocinada polas entidades Imatia Innovación, Inycom, Everis e Aldaba. 

 

Resultaron premiados os mellores traballos de fin de grao defendidos no curso 2019/2020 alzándose co primeiro premio valorado en 1.500 euros Noé Vila Muñoz. Os accesits, cada un deles de 500 euros, foron outorgados a Andrés Molares Ulloa e Bieito Beceiro Fernández.

 

Resultando finalistas os traballos de Francisco Bretal Ageitos e Diego Suárez García. Ainda que non obtiveron premio, presentaron traballos de gran calidade. 

 

Noé Vila Muñoz alzouse co Primeiro Premio ao Mellor TFG Aplicado da FIC co proyecto: "Aplicación móvil para la realización y seguimiento de rutinas en niños/as con TEA". O obxectivo deste traballo fin de grao é o desenvolvemento dunha aplicación móbil multiplataforma para os sistemas operativos Android e iOS que indique e axude a nenos e nenas con algún tipo de trastorno do espectro autista coa realización de rutinas e tarefas cotiás outorgándolles unha maior autonomía e facilitando aos seus educadores e educadoras unha programación e un seguimento destas rutinas e tarefas.

 

Bieito Beceiro Fernández foi premiado con un dos Accésit  polo traballo: "Parallel-FST: Aceleración de algoritmos de selección de características mediante computación paralela". Na actualidade estase a producir un auxe da produción e consumo de grandes cantidades de información (big data), que deben procesarse e prepararse para o seu posterior uso. Entre as ferramentas que se utilizan para analizar estes datos atópanse as de aprendizaxe máquina (machine learning), o que constitúe outro campo de investigación que gañou importancia nos últimos anos. Para este tipo de estudos moitas veces é necesario o desenvolvemento de librarías que conteñan os métodos de selección de características a estudar, de forma que se poidan comparar os resultados. Este é o caso de FEAST, unha libraría que conta con oito métodos de selección de características baseada en información mutua. Neste Traballo Fin de Grao desenvolveuse unha optimización de FEAST con técnicas paralelas, adaptando os seus métodos para que poidan ser executados e aproveiten as vantaxes dos sistemas HPC. Deste xeito conseguiuse, por unha parte, reducir o tempo de cómputo; e por outra, posibilitar a análise de datasets de gran tamaño que exceden as limitacións de memoria dos sistemas habituais. 

 

Andrés Molares Ulloa foi premiado con un dos accesit  polo traballo: “Sistema para el asesoramento en cierres preventivos en la ría de Vigo a causa de biotoxinas lipofílicas”. As floracións algales nocivas son episodios de elevada concentración de algas potencialmente tóxicas para o consumo humano, xa que, as toxinas que producen, serían inxeridas a través do consumo de moluscos filtradores como o mexillón. En Galicia, o organismo responsable do control destas zonas de produción  de mexillón pola posible afectación de biotoxinas é o INTECMAR (Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia). Este traballo busca a creación dunha aplicación que dea soporte á toma de decisións á hora de realizar peches preventivos os días nos cales non foi posible realizar unha mostraxe previa.

 

Francisco Bretal Ageitos, finalista polo traballo: "Plataforma para la gestión de proyectos de etiquetado de muestras de fitoplacton". Na actualidade, expertos no campo da bioloxía encárganse da análise de mostras de masas para asegurar a súa potabilidade. Todo este traballo realizase manualmente debido á falla de alternativas adecuadas no estado de arte. Era necesario desenvolve unha nova plataforma destinada a proporcionar unha forma de centralizar todo este traballo. A misión da plataforma é brindar ferramentas cuidadosamente deseñadas para adaptarse ao proceso de identificación, ao tempo que libera aos científicos de certa carga de traballo.

 

Diego Suárez García, finalista polo traballo: "Herramienta para evaluar el daño producido en el ADN espermático de centolla a través del análisis de células cometa". Desde finais do século XX, os expertos utilizan o ensaio para estudar o dano producido no ADN. O seu estudo é importante porque proporciona información de qué axenttes físicos e químicos externos poden deteriorar a súa estrutura. Este proxecto consiste no desenvolvemento dunha ferramenta que cubra as súas necesidades. A solución proposta básase da detección e segmentación do ADN nas imaxes mediante o uso de algoritmos automáticos de procesado de imaxe por medio do estudo do histograma das imaxes e a integración da devandita metodoloxía dunha ferramenta que permite ademáis a segmentación manual das imaxes de forma sinxela e eficaz.

 

Cartel do VI Premio TFG Aplicado da FIC