Actualidade

Comezan as COMversacións

24/02/2022

 

COMversacións é un ciclo de charlas arredor da Comunicación e os novos contextos sociais nos que estamos. É, polo tanto, unha oportunidade para debater sobre os cambios que afectan á sociedade e ás organizacións dende o punto de vista da comunicación. Dende un espírito crítico, poñemos o foco nos principais temas e retos que afectan á Comunicación.

 

No primeiro dos encontros, que se celebrará o 7 de marzo ás 13:00h na Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC; a Cátedra Vegalsa Eroski debulla a relación entre Comunicación, Sustentabilidade e Confianza. A Sustentabilidade preséntase como un valor necesario de presente e de futuro tanto para a sociedade como para as organizacións. Require de certo cambio de mentalidade, polo que a Comunicación comparece como unha peza fundamental. E está moi relacionada coa Confianza, porque comunicación e confianza deben ir aliñadas. Para falar e reflexionar sobre isto contamos coa participación de tres profesionais de gran prestixio. Jessica Rey, de Comunicación e Marketing de Casa Grande de Xanceda; María Sande, Xefa de Comunicación Noroeste Iberia Coca-Cola e Marta Rey, profesora da Facultade de Económicas e investigadora no ámbito da sustentabilidade. 

 

Tres mulleres protagonistas e líderes, coas que compartir conversa na véspera do Día Internacional da Muller. 


Se resulta do teu interese, inscríbete aquí.