Actualidade

Deportistas de talla mundial destacarán a importancia do envellecemento activo na apertura da Cátedra HM-UDC de Traumatoloxía do Deporte

09/02/2022

 

A Cátedra  HM de Traumatoloxía do Deporte da Universidade da Coruña celebra a xornada inaugural do curso cun evento divulgativo a cargo de deportistas e líderes de opinión de talla mundial, que terá lugar o próximo 18 de febreiro ás 19.45 horas na Fundación ONCE. Baixo o título “O deportista eterno: Xenética ou actitude?”, os relatores compartirán as súas experiencias e puntos de vista en torno ao envellecemento activo e a lonxevidade deportiva.


Co obxectivo de transmitir unha mensaxe de motivación que confronte diferentes crenzas relacionadas coas limitacións asociadas á idade e de concienciar sobre a relevancia de manter unha vida activa, a Cátedra dirixida polos doutores Rafael Arriaza e Javier Cudeiro conta para este evento coa colaboración de HM Hospitales, que se encargará de difundilo en directo a través da súa canle en Youtube, e de La Voz de Galicia, que lle dará cobertura.


Á mesa redonda integrada polo director de Deportes de La Voz de Galicia, Paulo Alonso; o campión do mundo de tríatlon na categoría de máis de 75 anos, Manuel Cruces; a campioa olímpica de karate, Sandra Sánchez; o seleccionador nacional de karate, Jesús Del Moral; a campioa do mundo de Parakarate, Isabel Fernández; e o codirector da Cátedra  HM de Traumatoloxía do Deporte, Rafael Arriaza, asistirán de xeito presencial un total de 65 persoas, entre as que se atoparán representantes tanto da comunidade universitaria como do Concello da Coruña.

 

Consulta aquí máis información da xornada e inscrición.

 

Video da xornada