Actualidade

A UDC e a empresa GHENOVA apostan pola creación da Cátedra Ghenova-UDC de Industria 4.0.

18/01/2022

 

A Cátedra GHENOVA-UDC posta en marcha en xuño de 2021 ten como obxectivo promover actividades de formación relacionadas coa industria 4.0., e as novas tecnoloxías implicadas como a robótica, analítica, Intelixencia Artificial (IA), tecnoloxías cognitivas, nanotecnoloxía e Internet das Cousas (Iot), así como desenvolver novo coñecemento mediante a investigación nestas áreas. Tamén promoverán actividades de divulgación nas empresas e na comunidad universitaria sobre a transformación industrial 4.0.. En particular fomentaráse a relación de colaboración co Instituto Panamericano de Ingeniería Naval (IPIN), que engloba as instituciones iberoamericanas deste ámbito.

 

Esta nova transformación industrial moi posiblemente estará sustentada na chamada fábrica intelixente, caracterizada pola interconexión de máquinas e de sistemas no propio emprazamiento de produción. Tamen apoiarase nun fluido intercambio da fábrica intelixente co exterrior, en aspectos tan variados como o nivel de oferta e demanda dos mercados, os clientes, os competidores, e outras fábricas intelixentes.  

 

Para o adecuado desenvolvemento dos sus fins poranse a disposición da Cátedra as instalacións da Escola Politécnica Superior(EPS) de Ferrol.

 

Sobre GHENOVA

GHENOVA é unha empresa internacional con sede en Sevilla que ofrece servizos multidisciplinares de enxeñaría e consultoría con máis de 500 empregados, dos que o 80 € son enxeñeiros. As liñas de negocio son Naval e Defensa, Enerxía e Industria, Transformación Dixital e Infraestruturas. Traballa en proxectos internacionais en máis de 25 países, desenvolvemento 900.000 de enxeñaría e consultoría ao ano.

 

Ten unha longa vinculación con Galicia, con oficinas en Ferrol e Vigo co preto de 150 profesionais, ademáis de contar con sedes en diferentes países como Brasis, Colombia e Australia.

 

A aposta pola diversificación, a sinerxia entre as áreas de negocio e a innovación contínua sitúan a GHENOVA entre as empresas líderes de enxeñaría en Europa e Iberoamérica. A experiencia acumulada ao longo de máis de 25 anos de actividade, os bos resultados e, sobre todo, a confianza dos clientes, contribuen a que siga medrando nos sectores tecnolóxicamente máis esixentes.