Actualidade

I Xornada de Divulgación Social

05/11/2021

 

Comunicar é Saúde. "Comunicación para la salud en la sociedad-red".

 

Tras máis dun ano de pandemia global, a saúde evidenciou como o principal activo dunha sociedade global atópase e atopouse en jaque ante o avance da pandemia. A comunicación para a saúde resulta unha ferramenta fundamental para que as redes sociais traballen na mellora da saúde dos seus cidadáns, a través da información, a sensibilización ou a educación en hábitos saudables. 

 

A presente xornada será gratuita e terá lugar o 2 de decembro, reúne académicos e profesionais para explicar e debatir, por unha parte, qué se está investigando en España no marco da comunicación para a saúde, e por outra, cómo trasladar información e consellos de saúde aos cidadáns nun contexto de multiplicidade de medios e plataformas. Esta é a primeira xornada que se organiza na Universidade da Coruña sobre esta temática. 

 

Estrutúrase en duas grandes partes: a primeira sobre o estado da investigación da Comunicación para a saúde en España, e a segunda para recoller casos e experiencias de axentes divulgadores en saúde sobre distintas temáticas.

 

O resultado é un programa de primeiro nivel que esperamos resulte do seu interese. Inscríbete.

 

Asiste ao noso evento en directo-> https://bit.ly/3BXdYZF