Actualidade

III Xornada da Cátedra SXD Galicia Activa: Exercicio físico en poboacións con necesidades específicas

27/10/2021

O vindeiro 16 de decembro de 2021 e en horario de 17:00 a 20:00 horas, terá lugar a III Xornada da Cátedra SXD Galicia Activa que leva por título "Exercicio físico en poblacións con necesidades específicas: embarazo, enfermidade crónica e discapacidade".

 

O obxectivo desta xornada é divulgar os resultados de proxectos de investigaicón vinculados ao uso da activiade física e o exercicio físico nas poboacións incorporadas na última guía de recomendacións de actividade física da Organización Mundial de la Salud, e para iso contaremos cos seguintes relatores: 

 

Dr. Rubén Barakat Carballo. Catedrático e profesor titular na Universidad Politécnica de Madrid. Especialista no estudio dos efectos do exercicio físico durante a xestación na saúde materno-fetal e do recén nacido. Investigador do grupo Actividad físico-deportiva en poblaciones específicas, colaborou en diferentes proxectos de investigación, entre os que destacan os realizados en colaboración coos servizos de xinecoloxía e obstetricia dos Hospitais Universitarios da área de Madrid (Leganés, Puerta del Hierro, Torrejón) ou coa University of Western Ontario (http://www.uwo.ca/fhs/EPL/). Autor de numerosas publicacións, libros e guías así como docente de diversos cursos relacionados coa súa área de investigación. Para profundizar na súa traxectoria investigadora podes consultar: https://www.researchgate.net/profile/Ruben-Barakat. Presentará o relatorio: O exercicio físico durante o embarazo. Antecedentes, recentes evidencias e futuras perspectivas.

 

Dr. David Barbado Murillo. Doutor en Ciencias del Deporte por la Universidad Miguel Hernández de Elche. Actualmente profesor titular no grao de Ciencias de la Actividad Física y el Deporte na Universidad Miguel Hernández de Elche, especializado na área de Biomecánica del Movimiento Humano y Control Motor. O seu interés científico céntrase en tres líneas principais: 1) profundizar no rol funcional da variabilidade motora para a mellora do control de movemento e a aprendizaxe motora; 2) desenvolvemento de programas de entrenamento de estabilidade do tronco para a mellora do equilibrio e a prevención de lesións; e 3) exercicio físico en persoas con esclerosis múttiple. Nesta última línea de investigación os seus traballos desenvólvense en dous ámbitos: a) valorar a eficacia dos entrenamentos multimodais para a mellora dos sitemas asociados á esclerose múltiple; b) desenvolver ferramentas de carácter biomecánico que se basen na utilización de sensores inerciais (i.e., smartphones) para a valoración da marcha e o equilibrio, que puidan ser fácilmente utilizadas no ámbito clínico. Para profundizar na súa traxectoria investigadora podes consultar: https://www.researchgate.net/profile/David-Barbado

Exporá o relatorio: Exercicio físico e esclerose múltiple. Trasladando a investigación á práctica clínica

 

Dr. Francisco Gude Sampedro. Doutor en Medicina e Ciruxía pola Universidade de Santiago de Compostela e recoñecido bioestadístico a nivel internacional. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e en Medicina Preventiva e Saúde Pública. Profesor asociado no Departamento de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Responsable da Unidade de Epidemioloxía Clínica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS). É membro da Rede Nacional de Bioestadística: BIOSTATNET, cunha ampla experiencia en investigación, liderando ou colaborando en múltiples proxectos e redes interdisciplinares. Conta con máis de douscentas publicacións en revistas científicas de impacto no campo da medicina e a estadística. Desenvolve a súa investigación sobre diabetes, enfermidades cardiovasculares e enfermidades hepáticas, así como en métodos de investigación e estadística. Para profundizar na súa traxectoria investigadora consultar: https://www.researchgate.net/profile/Francisco-Gude

Ofrecerá o relatorio: Exercicio físico e diabetes

 

Dra. Lidia B. Alejo. Doutora en Ciencias de la Actividad Física y del Deporte. Profesora e coordinadora da asignatura de Actividad Física y Salud en la Universidad Europea de Madrid e directora do Máster Universitario en Actividad Física y Salud da Escuela Universitaria Real Madrid-Universidad Europea. É tamén asesora de deporte e súde do Consello COLEF e membro do Instituto de Investigación i+12 do Hospital Universitario 12 de Octubre, así como integrante do grupo VEnCE (Vive, Entrena, Cáncer Enfrenta). Para profundizar na súa traxectora consultar: https://www.researchgate.net/profile/Lidia-Brea-Alejo

Exporá o relatorio: Exercicio físico en poboación oncolóxica. Da investigación á práctica.

 

Toda a información da xornada e inscrición