Actualidade

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sustentable investigan a rexeneración do chan deteriorado pola plantación intensiva de eucalipto

28/09/2021

 

A Cátedra Hijos de Rivera–UDC avanza na exploración de modelos disruptivos da actividade económica competitiva e sustentable, nesta ocasión a través do impulso dun proxecto de investigación en modelos de xestión no sistema agroalimentario enfocado á exploración e estudo de novos modelos de agricultura sustentable introducindo criterios de sintropía e métodos de agricultura rexenerativa, coa intención de abordar un reto global como é a necesidade de desenvolver un entorno máis resiliente que poida enfrentar o cambio climático e abastecer a unha población en crecemento.

 

Rexenerar en busca de ecosistemas produtivos

 

Da man da Fundación Galicia Sustentable, a Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sustentable traballa na rexeneración do chan para restaurar ecosistemas deteriorados pola actividade humana, neste caso, plantacións intensivas de eucaliptos en monocultivo.

 

A través dunha investigación empírica, baseada no deseño e posta en marcha de diferentes parcelas experimentais, procurase contrastar a hipótese de que é posible traballar con modelos de xestión agraria que dispoñen na contorna próxima de todos os elementos necesarios para a produción de alimento. 

 

Os resultados preliminares mostran que é compatible o cultivo de determinados alimentos nas plantacións de eucalipto co que se estaría abrindo un camiño para unha transición que nos permita erradicar o monocultivo de eucalipto salvagardando así a calidade e capacidade produtiva dos nosos chans. 

 

Os trabajos continúan con novas plantacións de outono se espera que a finais de 2021 se publiquen os resultados que se contemplan coas análises do chan qeu permitan valorar os avances na súa rexeneración.

 

Nota de prensa