Actualidade

A importancia do exercicio físico para maiores e pequenos

26/08/2021

 

O director da Cátedra SXD Galicia Activa, Eliseo Iglesias Soler, participou o pasado 26 de agosto nas Mesas saudables Vegalsa Eroski de La Voz de Galicia para falar sobre os beneficios do exercicio e a actividade física en todas as idades.

 

Partindo das evidencias científicas acerca dos beneficios do deporte na saúde, o profesor da Universidade da Coruña asegura que, a pesar de que o exercicio non reverte o deterioro propio da idade, si o frena cando se practica de forma regular. Neste sentido, Iglesias subliña a necesidade de “buscar fórmulas de vida que nos impliquen movernos y estar activos”, así como de crear “entornos que sean favorables a la práctica de ejercicio físico”.