Actualidade

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible concede o seu Premio á Mellor Tese Doutoral á investigadora Carolina Martínez García

21/12/2021

 

A Cátedra Hijos de Rivera UDC en Desenvolvemento Sostible concedeu o premio da primeira edición á Mellor Tese Doutoral en Desenvolvemento Sostible. Tras avaliar todas as solicitudes o xurado decidiu outorgar o premio de 5.000 euros á Doutora Carolina Martínez García, presentou os principais resultados do seu traballo de investigación sobre desenvolvemento sostible e supón un avande no coñecemento neste campo. 

 

Como autora da tese gañadora, Carolina presentou o seu traballo baixo o título "Evaluación de las conchas de mejillón para el desarrollo de diferentes biomateriales de construcción", tese dirixida por Belén González Fonteboa e Diego Carro López.

 

 

 

A investigación presentada nesta tese desenvolveuse no marco do Proxecto Biovalvo, co título “Valoración de las conchas de bivalvos gallegos en el ámbito de la construcción”. Este proxecto foi desenvolvido por tres empresas privadas Extraco SA, Galaicontrol SL e Serumano SL en colaboración con investigadores da Universidade da Coruña como asesores científicos.

 

O plantexamento xeral desta tese doutoral é abordar a aplicación das cunchas de mexillón como biomaterial de construcción para o seu uso en diferentes aplicacións, como áridos para a fabricación de formigóns en masa, así como para morteiros de revestimento, e como o uso como material de recheo solto (sen ligante) para aislamento térmico e acústico. Carolina presenta tamén nesta tese o seguimento dun edificio experimental construido dentro do marco do Proxecto Biovalvo. Este edificio experimental permitiu probar a aplicabilidade e a calidade das diversas solucións de construcción desenvolvidada no proxecto de investigación.

 

Pódese afirmar por tanto que o uso da cuncha do mexillón contribúe a un desenvolvemento sostible do  sector da construcción.

 

Entrega do premio

 

Esta primeira edición do premio, que ten vocación de continuidade, distingue as mellores teses defendidas na UDC nos anos 2019 e 2020 nesta ámbito. A Acreditación do premio será entregada no solemne acto do Día da Universidade (28 de xaneiro, día de San Tomé de Aquino) que se celebrará no Paraninfo da Reitoría (A Maestranza).

 

¿Qué é a Cátedra Hijos de Rivera UDC de Desenvolvemento Sostible?

 

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC impulsada pola Corporación Hijos de Rivera e a Universidade da Coruña, ten entre os seus obxectivos fundamentais realizar actividades de investigación desde o ámbito universitario que contribuan ao desenvolvemento sostible da nosa sociedade e, en particular, pretende fomentar modelos innovadores e disruptivos que garantan o equilibrio entre a competitividade económica, o respecto ao medio ambiente e o avance social.

 

Nota de prensa