Actualidade

A Cátedra Luis Fernández Somoza convoca 17 prazas para a participación no 2021 Fall l Fall Global Leadership

09/06/2021

 

A CÁTEDRA "LUIS FERNÁNDEZ SOMOZA" PARA A INTERNACIONALIZACIÓN DOS ESTUDOS DE ECONOMÍA E EMPRESA NA UDC convoca 17 prazas para a participación no 2021 Fall I & Fall II Global Leadership para o estudantado matriculado nalgunha das titulacións da Facultade de Economía e Empresa da UDC.

 

Trátase dunha experiencia de simulación da World Federation of United Nation Associations (WFUNA) International Model United Nations (WIMUN) onde se aprenderá sobre os protocolos que gobernan a diplomacia internacional e se colaborará con outros estudantes nunha contorna internacional para construir un consenso sobre un tema real da axenda da ONU. Ademais, formarase parte da Delegación Multinacional de Cultural Connections na Conferencia Virtual da  WIMUN.

 

O programa dividirase en duas partes, unha introductoria na experiencia de simulación do modelo internacional das Nacións Unidas (WIMUN) de WFUNA, do 30 de agosto al 19 de septiembre de 2021  unha segunda parte máis centrada no desenvolvemento persoal e liderado do 1 de outubro  ao 14 de novembro de 2021.

 

Os estudantes da FEE terán ata o día 21 de xuño para presentar a súa solicitude a través da seguinte ligazón.