FUAC
O catedrático e ex presidente da Xunta de Galicia, Fernando González Laxe, impartirá a súa última clase como profesor da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña o día 10 de maio, que leva por título "De la economía a la resiliencia y a la atractividad general". A clase estará aberta ao público e desenvolverase na aula 1.6 entre as 11:30 e as 13:00 horas, na que finalizará, en palabras do propio profesor nunha misiva remitida aos seus compañeiros do Departamento de Economía Aplicada, “exponiendo como aplicar modelos de competitividad y atractividad territorial siguiendo los distintos posicionamientos regionales europeos”, situando, engade, a comunidade autónoma de Galicia na clasificación das 234 rexións europeas, analizando os seus puntos fortes e as súas debilidades.