Novas I+D+i

A Cátedra de Dereito Local participa nun seminario sobre dinamización rural

14/12/2019

 

Conscientes de que o avellentamento e o descenso da poboación é un dos maiores retos de futuro aos que se enfronta a Unión Europea e que este só pode ser abordado con políticas públicas innovadoras, a Cátedra de Dereito Local, o Grupo de Investigación de Dereito Público Global da Universidade da Coruña e o Proxecto de Investigación “Instrumentos xurídicos para a loita contra o despoboamento no ámbito rural” da Universidade de Santiago de Compostela organizan o Seminario sobre políticas innovadoras de dinamización rural en Galicia, que terá lugar os días 14 e 15 de novembro no salón de graos da Facultade de Dereito.

 

A través da participación de expertos de renome na materia obxecto deste seminario, estas dúas xornadas servirán como marco de reflexión e análise das iniciativas existentes tanto en España como fóra do país, coa pretensión de suscitar novas iniciativas públicas e privadas para a dinamización rural de Galicia.

 

A entrada é libre e gratuíta. Podes consultar máis información e o programa completo de conferencias e mesas redondas nesta ligazón.