Novas I+D+i

A economía circular no marco da Axenda Mundial 2030 e o cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible nº 12 (2ªEdición)

08/11/2019

 

O Director da Cátedra Hijos de Rivera de Desenvolvemento Sostible da UDC, Guillermo Iglesias Gómez formou parte do elenco de relatores que participou no Curso sobre a Economía Circular no marco da axenda mundial 2030 e no cumprimento do obxectivo do desenvolvemento sustentable número 12 (2ª edición), que se celebra na Facultade de Dereito da UDC en tres sesións que terán lugar o 8, 22 e 29 de novembro.

 

O obxectivo do Curso é que os participantes poidan obter un amplo e riguroso coñecemento do significado do novo marco de nomenclatura de Economía Circular para abordar os retos de Desenvolvemento Sustentable Global, para complementar as súas capacidades curriculares, así como reforzar os programas actuais de estudo sobre as importantes cuestións que afectan e condicionan a evolución da economía mundial.

 

Programa