Novas I+D+i

Gran éxito de asistencia na conferencia organizada pola Cátedra Luis Fernández Somoza

09/03/2020

 

A conferencia "A reforma dos tipos de interese Euribor e Libor e as súas implicacións financieiras" tivo lugar o pasado venres no salón de graos da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña. 

 

Protagonizada por María José Gómez Yubero, experta en supervisión e regulación financieiras, e presentada por Manuel Alberto Gómez Suárez, decano da facultade, esta sesión organizada pola Cátedra Luis Fernández Somoza suscitou o interese de máis de 70 persoas. 

 

Yubero, que actualmente representa á Comisión Nacional do Mercado de Valores e é membro dos colexios de supervisores dos índices Euribor, Eonia e Líbor, falou da importancia destes índices, a evolución do mercado e a necesidade de reforma dos mesmos. Durante a súa intervención, también destacou os retos e implicacións aos que a industria se debe enfrontar, ademais de ofrecer unha serie de recomendacións por parte da CNMV.

 

Así mesmo, a actual responsable de Resolución e Asuntos de Estabilidade Financieira na Dirección Xeral de Política Estratéxica e Asuntos Internacionais da CNMV subliñou que "o éxito das reformas está nas mans de todos os axentes, tanto do sector privado como das autoridades, que terán que traballar xuntos para conseguir que no futuro se poidan contar con índices de referencia estables e de confianza".